O xogador de 2,04 metros e 31 anos vestirá a camiseta celeste na campaña 2026/2027
Formado na cantera do Estudiantes de Madrid, Edgar Vicedo Ayala saíu da capital para enrolarse no Peñas Huesca de 2013 a 2015. Ao seu regreso ao Estudiantes comezaba unha etapa de nove tempadas na ACB no club que o formou (de 2014 a 2021). Na máxima categoría tamén formou parte de Unicaja, Fuenlabrada, Obradoiro, Tenerife e Granada, ademais de contar cun paso polo baloncesto venezolano en 2023.
A pasada tempada xogou no Hestia Menorca en Primeira FEB, asinando 8,3 puntos, 4,9 rebotes na liga regular, e 9 puntos, 4 rebotes e unha asistencia por encontro en catro partidos do playoff de ascenso.
Edgar Vicedo foi internacional en todas as categorías con España e conta cunha ampla experiencia tanto na ACB como en competicións europeas (BCL).
Trátase dun ala-pivot versátil e con experiencia que puede xogar como aleiro alto. Conta cunha grande envergadura física que lle permite defender a xogadores altos e achegar no rebote. Destaca polo seu coñecemento do xogo e pola súa fiabilidade no lanzamento desde o 6,75.