Entradas para a visita do Río Breogán ao Real Madrid no Wizink Center
Os abonados que queiran desprazarse a animar ao Río Breogán na súa visita a Madrid poden comprar entradas na web do Breo
Para acceder á compra é necesario identificarse cos datos de abonado (en caso de unidades familiares debe facerse co dato do abonado titular), e poderanse adquirir un máximo de cinco entradas para a zona habilitada polo club branco (Fondo Goya Planta 6) a un prezo único de 25€.
Unha vez efectuada a compra, o abonado recibirá un mail coas instrucións para a recollida das entradas nas oficinas do club no Pazo dos Deportes.
O prazo de compra permanecerá aberto ata as 20:00 horas do luns 9 de decembro ou ata que se esgoten as existencias.
O Río Breogán xogará ante o Real Madrid o domingo 15 de decembro ás 12:30 horas no Wizink Center.