Erik Quintela, renovado

Compartir con

O capitán e o club chegaron a un acordo para a súa continuidade

Erik Quintela Salvador (Lugo, 1991) seguirá como capitán del Río Breogán. O base lucense cumprirá a súa sétima campaña consecutiva formando parte do equipo celeste, onde xa debutara como profesional nunha tempada anterior, en 2013.

O capitán del Río Breogán, con 18 partidos disputados na recentemente finalizada tempada e 4,16 minutos por encontro, con 1,6 puntos, 1,2 asistencias e 1 rebote de media) foi unha peza crave na conxunción do equipo e na boa campaña realizada. Algo salientable en numerosas ocasións por Luis Casimiro, que sempre valorou o seu compromiso como capitán, o seu liderado dentro do vestiario e sobre a pista, así como a súa valiosa achega cada vez que o equipo o necesitou. Uns valores que se identifican á perfección co club e a súa afección.

O club segue traballando, a partir da idea da maior continuidade posible, para configurar un equipo de garantías para a campaña 2026/2027, que será a sexta consecutiva del Río Breogán nesta etapa na máxima categoría.

Erik Quintela, renovado

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información