El Río Breogán ha alcanzado un acuerdo para la incorporación del pívot Amida Brimah (2,13 m; Accra, Ghana, 1994). El interior llega al equipo celeste para reforzar el juego interior ante la baja temporal de Ilić, quien se encuentra en proceso de recuperación de una lesión muscular.
Formado na Universidade de Connecticut (NCAA), Brimah proclamouse campión universitario no seu primeiro ano ao derrotar a Kentucky na final. Completou unha salientable traxectoria de catro anos nos que promedió 6,7 puntos, 4,5 rebotes e 2,8 tapóns por partido, unha cifra esta última que o situou entre os mellores taponadores da historia da American Athletic Conference.
Tras disputar 5 partidos na NBA con Indiana Pacers e sumar experiencias en Porto Rico, Serbia, Bélxica e Francia, o pivote chegou ao baloncesto español. Na campaña 2024/25 disputou 27 partidos na liga Endesa entre BAXI Manresa (8) e Valencia Basket (19), promediando 3,9 puntos cun 68,1% de acerto en tiros de dous, 2,6 rebotes e 1,2 tapóns.
No curso 2025/26 arrincou en Movistar Estudantes de Primeira FEB, asinando 4,3 puntos, 3 rebotes e 1,3 tapóns en 8 encontros, antes de regresar en decembro á liga Endesa da man do Covirán Selecta, onde participou en 25 partidos achegando 4,8 puntos, 2,1 rebotes e 1,4 tapóns por noite.
Amida Brimah é un xogador con gran envergadura, moi atlético, que achega defensa, intimidación, rebote e capacidade para xogar por encima do aro.