O xogador do Cafés Candelas traballa á marxe do grupo para superar unha distensión nos aductores
O arxentino do Cafés Candelas Breogán, Lucio Redivo, non completou a totalidade das sesións de adestramento da presente semana e traballa á marxe do grupo con preparador físico e fisioterapeuta.
O motivo é unha distensión na musculatura aductora da que se recupera para volver canto antes ao traballo co equipo para proseguir coa pretempada.