O Leite Río despide a pretempada con vitoria ante Leyma Coruña en Marín (68-75)
Os celestes remontaron tras unha irregular primeira metada e impuxeron o seu ritmo na segunda
O base do Leite Río Christian Díaz foi o xogador máis valorado do partido (21v.) anotando 9 puntos e entregando 7 asistencias. Tamén destacaron os 11 rebotes e e 9 puntos de Alex Olah. Salva Arco achegou 14 puntos con 3 triplas de catro lanzamentos.
Roope Ahonen disputou os seus pirmeiros minutos coa celeste e dexou mostras da sua calidade sendo peza importante na remontada do Breo e anotando dúas triplas consecutivas no seus primeiros segundos en pista.


