Estivo acompañado por xogadores históricos do club celeste
O Pazo rendeu homenaxe a un un home de baloncesto no sentido máis amplo da palabra. Adestrador, estudoso deste deporte, formador, mestre, e un dos responsables de que Lugo sexa considerada unha cidade de baloncesto.
Acompañado dunha representación de lendas do Breo, Allende saíu ao centro da pista do Pazo e recibiu a ovación unánime da grada. O Director Xeral, Tito Díaz, entregoulle unha camiseta asinada polo equipo cunha mensaxe de agradecemento e agarimo. Celebramos unha vida dedicada ao noso deporte, e ademais que Fernando vencera o partido máis duro ao que o retou a maldita COVID.
Agradecemento enorme a tódolos que, como Allende, puxeron o seu gran de area para que o deporte da canastra continúe a contarnos fermosas historias con acento lucense.
Onte o Breogánismo recoñeceu a contribución de Fernando Fernández Allende ao noso baloncesto e á súa superación tras vencer o duro partido da COVID. Estivo acompañado por unha representación de históricos celestes. Grazas!! #ForzaBreo pic.twitter.com/tApFgVIGJb
— Río Breogán (@CBBreogan) June 18, 2021