O teu equipo busca completar o plantel. Queres colaborar co Breo na organización de partidos e eventos?
O equipo vai collendo forma pero este ano queremos completalo contigo. Buscamos un grupo de voluntarios que poidan aportar a súa colaboración ao club para a organización de partidos e outros eventos. Os voluntarios formarán parte do equipo, poderán coñecer a organización dun partido entre equipos profesionais e aportar as súas ideas e iniciativas para que o Breo siga medrando.
Os interesados, maiores de 18 anos, poden poñerse en contacto co club mediante mail en info@cbbreogan.com onde deberán enviar os seus datos persoais (data de nacemento, teléfono de contacto…) e serán benvidas as ideas que cada voluntario poida aportar ao club.
O equipo de voluntarios terá diversas vantaxes en produtos do club e de empresas colaboradores.
Anímate a facer equipo!