O club lucense continúa ampliando a súa rede de alianzas empresariais tras alcanzar un acordo de patrocinio coa cadea de ximnasios Fitness Park España.
A firma pasa a formar parte da familia breoganista como un dos colaboradores oficiais do club para a presente tempada, consolidando o compromiso do tecido empresarial co proxecto deportivo de Lugo na Liga Endesa.
A marca conta con máis de 100 clubs no país, consolidándose como unha das cadeas de fitness de referencia. Entre as súas instalacións destaca o seu centro no Centro Comercial As Termas de Lugo, un espazo deseñado para o alto rendemento que dispón de equipamento de última xeración, amplos horarios de apertura e zonas especializadas de musculación libre, cross training e cardio.
Con esta incorporación, o Río Breogán reafirma o seu obxectivo de seguir sumando aliados estratéxicos que compartan os valores do esforzo, a saúde e o traballo en equipo. Benvidos ao equipo!
Promoción especial de benvida
Para celebrar este acordo coa afección celeste, Fitness Park terá activa ata o próximo 28 de setembro unha promoción especial de apertura e benvida que inclúe 4 semanas + matrícula gratuíta. Unha oportunidade perfecta para todos os breoganistas que queiran comezar a adestrar ao máximo nivel. Non a deixes escapar!