Francis Alonso, elixido «Xogador Estrella Galicia» da tempada 2025/2026

Compartir con

Francis Alonso, elixido «Xogador Estrella Galicia» da tempada 2025/2026

A excelente tempada do xogador malagueño tivo o premio do recoñecemento da afección a través do patrocinador Estrella Galicia

 Na festa posterior ao peche de tempada, sobre o parqué do Pazo e ante centos de afeccionados, así recibiu Francis Alonso o trofeo que o recoñece como Xogador Estrella Galicia do Río Breogán na recente campaña.

O premio ten un especial valor dado que son os afeccionados os que votan cada mes ao longo da tempada a tres xogadores propostos previamente pola prensa. Francis Alonso foi nomeado en catro ocasións e recibiu dous trofeos mensuais, en outubro e decembro. O seu compañeiro Dominik Mavra quedou preto del tras ser o máis votado en febreiro e abril, aínda que foi o maior número de nomeamentos globais o que terminou decantando o recoñecemento en favor de Alonso. O delegado de Hijos de Rivera en Lugo, Pedro Gay, foi o encargado de entregar o trofeo, unha peza de cerámica de Sargadelos que reproduce un dos clásicos grifos de cervexa da marca.

Francis Alonso, renovado recentemente polo Río Breogán, pechou unha espectacular campaña na que fixo unha media de 14,6 puntos, colándose no top 10 de anotadores da ACB e finalizando como o cuarto clasificado na media de triplos anotados por partido, con 2,24 e un 42,5% de acerto.

O xogador do Río Breogán despediu a tempada cun partido de récord na última xornada, protagonizando unha actuación estelar con 33 puntos anotados. Esta cifra supón a maior anotación dun xogador nacional vestindo a celeste desde os 32 puntos de César Sanmartín en 2002, e nas últimas tempadas no Pazo só foi superada o igualada por Darrun Hilliard, con 33 puntos en 2025, e Dzanan Musa, con outros 33 en 2021.

O Pazo seguirá desfrutando, na tempada 2026/27, do talento do Xogador Estrella Galicia.

Parabéns, Francis!

Francis Alonso, elixido «Xogador Estrella Galicia» da tempada 2025/2026
Francis Alonso, elixido «Xogador Estrella Galicia» da tempada 2025/2026

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información