Comercial Emilio é distribuidor oficial de primeira marcas do sector como Husqvarna, acolleu a rolda de prensa previa ao partido do domingo en Manresa
Comercial Emilio é unha empresa familiar con anos de experiencia no sector da maquinaria para xardinería, agrícola e forestal que ofrece garantía e calidade en tódolos seus produtos.
Lezkano e Fuzaro coñeceron algúns dos produtos expostos no establecemento, sito na Rúa Miguel de Cervantes 61, como motoserras, cortacéspedes etc, así como elementos de seguridade para os traballos tanto a nivel doméstico como profesional.
Dende CB Breogán agradecemos a Comercial Emilio a súa colaboración.