A clínica lucense, en vangarda da odontoloxía e cirurxía maxilofacial, asina un acordo de patrocinio por tres tempadas máis co club celeste
Manuel García Rielo, Dr. Especialista en odontoloxía e estomatoloxía, e o director xeral do CB Breogán, Salva Arco, presentaron o acordo polo que a clínica seguirá sendo un dos principais patrocinadores do club durante, cando menos, as próximas tres tempadas.
Salva Arco agradeceu o compromiso de García Rielo e destacou o privilexio de contar co patrocinio e o asesoramento profesional dunha clínica que se atopa na vangarda do seu sector.
Manuel García Rielo confirmou o compromiso non só como patrocinador, senón coa importancia de que os deportistas, e a sociedade en xeral, dean a prioridade que se merece á saúde bucodental. No caso dos deportistas, o coidado deste aspecto asegura menos lesións e mellor recuperación dos posibles problemas físicos, dada a relación cientificamente demostrada, da correcta saúde dental con outros aspectos da saúde.