Grupo Luis Iglesias, facendo equipo co Breogán

Compartir con

Grupo Luis Iglesias, facendo equipo co Breogán

O Río Breogán ten a fortuna de contar con empresas comprometidas co proxecto. O Grupo Luis Iglesias é unha delas, consolidando así unha relación que xa alcanza as seis campañas dentro da iniciativa “Empresas que fan equipo”.

Esta empresa familiar lucense destaca pola súa ampla oferta de servizos, que inclúe actividades funerarias, floristería, seguros e mobiliario, desenvolvendo a súa actividade en distintos puntos da provincia de Lugo. En concreto, o Grupo Luis Iglesias conta con instalacións en Rábade, Outeiro de Rei, Baamonde, Cospeito e Friol.

Ata as súas instalacións desprazáronse o capitán, Érik Quintela; o director deportivo, Tito Díaz; e o membro do consello de administración, José Manuel Rozas, quen agradeceron persoalmente aos responsables da empresa o seu compromiso e apoio continuo ao club.

Dende o club agradécese especialmente a confianza e fidelidade de empresas como o Grupo Luis Iglesias, fundamentais para seguir impulsando o crecemento do proxecto deportivo e social do Breogán.

Coñece Grupo Luis Iglesias

 

Grupo Luis Iglesias, facendo equipo co Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información