O club contará unha tempada máis co respaldo da institución médica lucense
O Director de Hospital POLUSA, Javier Atanes e o Director Xeral do CB Breogán, Tito Díaz, asinaron o acordo que prolonga a colaboración do centro médico lucense e o club celeste.
No acto de sinatura do acordo tamén estiveron presentes o médico do club, o Dr. Luis Coira, e o Dr. Juan Diego Villa Cárdenas, que exercerá de enlace médico co centro.
Javier Atanes lembrou a responsabilidade de POLUSA coa sociedade lucense e o seu apoio ao deporte e clubs como o Breogán ao que desexou os maiores éxitos.
Tito Díaz agradeceu o que valorou como «importantísimo» apoio de POLUSA e a seguridade que da ao club e aos deportistas profesionais dispoñer dun servicio médico cos medios técnicos e humanos da institución.