Hospital Ribera Polusa, primeira parada da pretempada

Compartir con

Os xogadores do Río Breogán pasan o recoñecemento médico no hospital Ribera Polusa

Antes de arrancar as sesións de adestramento pretempada da campaña 2026/27, os xogadores do Río Breogán acudiron ao hospital Ribera Polusa de Lugo para se someter aos pertinentes recoñecementos médicos de inicio de curso.

Tanto as novas incorporacións coma os xogadores que continúan na plantilla do Río Breogán realizaron chequeos médicos completos co equipo médico do centro, da man do Dr. Roberto Díaz Luaces, acompañados tamén polo médico do club, Luis Coira, e polo traumatólogo Albert Grau. As probas complétanse cunha serie de test físicos que realizan, baixo a supervisión do Dr. Coira, no Pazo da man do equipo de fisioterapeutas e do preparador físico.

O conxunto lucense afronta a súa sexta temporada consecutiva na máxima categoría do baloncesto español (Liga Endesa), un ano especialmente ilusionante para a entidade breoganista, que celebra o 60.º aniversario da súa fundación.

O hospital Ribera Polusa mantén unha estreita relación co Río Breogán desde hai máis de 15 anos. En virtude deste convenio de colaboración, o centro hospitalario presta toda a cobertura médica, cirúrxica, de probas diagnósticas e de tratamentos especializada que require o primeiro equipo.

Hospital Ribera Polusa, primeira parada da pretempada
Hospital Ribera Polusa, primeira parada da pretempada
Hospital Ribera Polusa, primeira parada da pretempada
Hospital Ribera Polusa, primeira parada da pretempada

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información