Jonathan Kasibabu, presentado en Norcontact

Compartir con

Jonathan Kasibabu, presentado en Norcontact

O pívot cumpre a súa segunda etapa no Río Breogán

Acompañado polo director deportivo, Tito Díaz, e os xerentes de Norcontact, Macarena Cuiña e Javier Fernández, o xogador amosouse moi motivado pola confianza que o club depositou en el, así como disposto a achegar traballo e intensidade no día a día para axudar a conseguir os mellores resultados na tempada 2026/2027.

Tito Díaz, deu a benvida oficial ao xogador, e agradeceu o apoio de Norcontact, unha empresa que leva anos respaldando o club en múltiples facetas relacionadas coa evolución e desenvolvemento das plataformas de atención ao abonado e ticketing, sendo un pilar fundamental para os servizos de xestión da entidade e facilitando a modernización do club.

Pola súa banda, Macarena Cuiña desexoulle o mellor ao Breogán no novo curso e moita sorte a Jonathan Kasibabu nesta nova etapa, destacando a gran sintonía entre ambas as partes no que se consolidou como unha alianza empresarial moi sólida.

Jonathan Kasibabu, presentado en Norcontact
Jonathan Kasibabu, presentado en Norcontact

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información