José Durán, preparador físico do Río Breogán

Compartir con

O club incorpora ao seu corpo técnico a un profesional con gran experiencia no deporte de elite

Natural de Lugo (29 de xuño de 1974), José Antonio Durán Rivas é licenciado en Educación Física e conta cunha ampla traxectoria na xestión da preparación física en equipos de alto nivel e tamén na dirección de equipos, sendo adestrador do Club Deportivo Lugo en diferentes categorías.

Durán conta tamén cunha carreira de éxito na preparación física en baloncesto, sendo o preparador do lembrado Yaya María Ensino entre o 2000 e o 2011, equipo que logrou senllos subcampionatos de liga e copa, compatibilizándoo con seleccións españolas de baloncesto feminino en diversas categorías entre 2004 e 2015, logrando tres campionatos de Europa.

José Durán exerce actualmente como empresario no mundo da actividade física, sendo propietario de ximnasios especializados na preparación física integral.

Benvido ao Río Breogán!

José Durán, preparador físico do Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información