Josep Peris, presentado oficialmente na sede de ABANCA

Compartir con

O novo xogador do Río Breogán compareceu ante os medios de comunicación acompañado polo director deportivo do club, Tito Díaz, e a directora territorial de ABANCA en Lugo, Zaira Dapena

Durante o acto, Tito Díaz aproveitou para reiterar o agradecemento da entidade a ABANCA polo seu compromiso histórico co Breogán, ao tempo que lle deu a benvida oficial a Josep Peris.

Pola súa banda, o xogador valenciano amosouse feliz e moi motivado co reto de axudar ao equipo noutra nova tempada na Liga Endesa. Peris destacou a calurosa acollida que tanto o club como a cidade lle prestaron dende a súa chegada e prometeu traballo, compromiso e esforzo ao servizo do grupo.

A directora territorial de ABANCA, Zaira Dapena, deu tamén a benvida ao xogador e desexoulle o mellor na súa estancia no Breo, lembrando a importancia do papel que o club e os seus integrantes teñen como referente para as novas xeracións, ás que transmiten valores como o traballo en equipo e a superación diaria.

Josep Peris, presentado oficialmente na sede de ABANCA
Josep Peris, presentado oficialmente na sede de ABANCA

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información