Tras un acordo entre ambas as partes, o xogador norteamericano non disputará as dúas últimas xornadas co equipo lucense e pon rumbo ao Hapoel Tel Aviv de Israel
Keandre Cook comunicou ao club o seu desexo de aceptar unha oferta do Hapoel Tel Aviv —equipo que disputou recentemente os cuartos de final da Euroliga ante o Real Madrid—, onde, tras un acordo entre ambas as partes, xogará ata o final da tempada.
Cook disputou 31 partidos co Río Breogán, achegando unha media de 10,8 puntos 3,8 rebotes e 11,2 de valoración en 20 minutos sobre a pista.
A saída de Cook significa que será Jordan Walker quen entre na convocatoria do Río Breogán para o encontro de Málaga.
Desde o club queremos agradecer a Cook a súa achega ao equipo durante a tempada e desexámoslle o mellor na súa nova etapa.
.