O club lucense incorpora a Kevin Larsen, internacional danés de 2,08 e 26 anos, procedente de Palencia.
O Leite Río Breogan consegue un dos interiores máis destacados da competición que a pasada tempada promediou 14,2 puntos e 6,3 rebotes finalizando como segundo xogador máis valorado de LEB Oro.
Formado na universidade estadounidense George Washington ( NCAA), comezou a súa etapa como profesional en Francia, con paso por Alemaña e Dinamarca, antes de chegar a España, sendo parte importante do equipo que deu o ascenso á ACB ao Bilbao Basket na tempada 2018/19
Larsen é un xogador versátil e completo, que pode anotar desde varias posicións, con capacidade para xogar no poste baixo e tamén de fronte ao aro, ademais de bo reboteador e pasador.
Traxectoria:
Universidade George Washington ( NCAA) (2012-2016)
Lille Métropole (2016-2017)
Mitteldeutscher BC Weiß enfels (2017)
Horsens IC (2017-2018)
Bilbao Basket (2018-2019)
Club Deportivo Maristas Palencia (2019-2020)