O Breo volveu ao cole e fíxoo cunha visita aos alumnos e alumnas do CEIP Sagrado Corazón de Lugo. Os xogadores visitaron varias aulas de Educación Infantil e Primaria e, posteriormente, reuníronse co alumnado no ximnasio, onde houbo tempo para fotos, preguntas e mesmo para compartir uns minutos lanzando á canastra.
Máximus, Kurucs e Cook tamén aproveitaron a visita para coñecer a exposición de traballos realizados polo alumnado con motivo do Nadal.
Grazas polo agarimo e o excelente recibimento!
Esta visita enmárcase no programa de achegamento do deporte aos centros de ensino e colectivos, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.