O xogador do Río Breogán achegou 12 puntos, 4 rebotes, 3 asistencias, 3 recuperacións e recibiu dúas faltas
A actuación de Kevin Larsen foi clave para que o Río Breogán comezara o play off con vitoria. O Celeste retirouse antes de tempo por unha escordadura de nocello. As primeiras probas do equipo médico celeste descartan lesión de gravidade.
Quinteto xoranda 1 de playoff:
Base: Óscar Alvarado (TAU Castelló) 19 val: 7 puntos (4/6 TL e 1/3 TC), 4 rebotes, 5 asistencias, 2 recuperacións, 1 tapón e 6 faltas recibidas.
Escolta: Dago Peña (Leyma Coruña) 22 val: 20 puntos (6/10 TL e 6/12 TC), 7 rebotes, 2 asistencias, 1 tapón e 8 faltas recibidas.
Aleiro: Thomas Bropleh (Covirán Granada) 26 val: 16 puntos (4/4 TL e 5/8 TC), 5 rebotes, 4 asistencias e 5 faltas recibidas.
Ala-Pívot: Marc Eddy Norelia (Liberbank Oviedo) 21 val: 11 puntos (5/5 TL e 3/8 TC), 14 rebotes e 4 faltas recibidas.
Pívot: Kevin Larsen (Río Breogán) 17 val: 12 puntos (2/2 TL e 5/10 TC), 4 rebotes, 3 asistencias, 3 recuperacións e 2 faltas recibidas.