O CB Breogán conta cun sistema para que os abonados poidan liberar a súa localidade cando non poidan asistir a un partido da Liga Endesa e, ademais, obter puntos de compensación se esa entrada é adquirida por outro afeccionado.
Como funciona
A través da aplicación www.app.breogan.es, cada abonado, identificándose como tal, pode comunicar que non asistirá a un encontro e liberar a súa localidade.
A comunicación farase no apartado ASISTENCIA, presente no menú superior do propio perfil unha vez que se estea identificado e dentro do mesmo. En caso de abonos familiares, desde o perfil do abonado “principal” poderase indicar a renuncia dun ou varios dos carnés do grupo vinculado.
Unha vez marcado no perfil, o abonado recibirá un correo electrónico na dirección facilitada cando fixo o abono, para confirmar a liberación nun segundo paso de seguridade.
Unha vez liberada, o asento pasa a estar dispoñible en taquilla para o público xeral, se a localidade é vendida en taquilla (online ou presencial), o abonado recibirá o 25 % do prezo de venda en puntos, que se acumularán automaticamente no moedeiro virtual persoal dispoñible na mesma plataforma.
Para que serven os puntos
-
Os puntos poderán usarse desde o 13 de outubro de 2025 ata o 30 de xuño de 2026.
-
Poderán cambiarse por merchandising oficial do club nas oficinas do Pazo, de luns a venres, e na tenda física do CB Breogán (Intersport, Rúa Bispo Aguirre 3, Lugo).
-
Próximamente, habilitarase a opción de trocar os puntos online desde dentro do propio perfil do abonado.
-
Cada troco require unha compra mínima de 20 €.
-
Os puntos non son acumulables para futuras tempadas nin transferibles a outros abonados*.
-
*Alternativamente, poderán descontarse no prezo do abono da tempada 2026/2027, sempre que o abonado renove nas mesmas condicións e o solicite nos sete días seguintes ao último partido oficial da tempada 25/26, no propio perfil do abono virtual.
Información importante
Os puntos non son reembolsables.
Pasado o 30 de xuño de 2026, todos os puntos non utilizados caducarán automaticamente.
Para máis información ou axuda, o club atenderá aos abonados nas súas oficinas do Pazo (Avda. Filarmónica Lucense, s/n, Lugo), no teléfono 982 231 050 ou no correo info@cbbreogan.com.