O conxunto chinés foi recibido polas autoridades locais no Concello de Lugo
A alcaldesa Lara Méndez, o Deputado de Relacións Institucionáis da Deputación da Lugo, Álvaro Santos o Concelleiro de Deportes Miguel Fernández e representantes de toda a corporación municipal, acompañados polo presidente do CB Breogán, Jesús Lázare, recibiron ao equipo ao completo que disputará un amigable ante o Cafés Candelas Breogán este xoves no Pazo (20:30 horas).
A alcaldesa destacou a estreita relación de Lugo con China tendo as murallas e unha e a cultura milenaria como punto de encontro e parte dun patrimonio moi diferente pero con elementos que facilitan o achegamento.
O deporte, este caso o baloncesto súmase como elemento de unión, unha razón máis, explicou Álvaro Santos, para que as institucións aposten por apoiar aos clubes que abren oportunidades de dar a coñecer Lugo e a súa provincia fora das súas fronteiras.
Suso Lázare, presidente do CB Breogán, deu a benvida ao equipo e prometeu tentar devolver polo menos a metade do bo recibimento que os representantes do Breogán tiveron na recente visita a China.
O vicepresidente do club asiático agradeceu a benvida e recibiu por parte das autoridades dous agasallos con moto simbolismo: unha reprodución da Mosquera da Muralla Romana, e un prato para o polbo, comida típica de Lugo, gravado co escudo da cidade. A alcaldesa explicou a alta carga simbólica de ámbolos dous agasallos e desexou a todos unha feliz estancia na cidade.
Ás 20:30 o @CBBreogan enfróntase nun partido amistoso ao Schenzhen Leopards, un equipo chinés que está de xira por España. Unha boa ocasión, ademais, para que os xogadores asiáticos coñezan a cidade de Lugo. pic.twitter.com/2l2aNh7CKA
— FUNDACION TIC (@fundaciontic) September 13, 2018