Luis Casimiro na previa ao Río Breogán - Unicaja

Compartir con

O Río Breogán afronta este domingo, 25 de outubro, ás 18:00 horas un esixente duelo no Pazo dos Deportes de Lugo fronte ao Unicaja, correspondente á xornada 5 da Liga Endesa. 

Na súa rolda de prensa previa, o técnico celeste, Luis Casimiro, confirmou que a semana transcorreu con normalidade, sen contratempos físicos, e avanzou que estará «toda a plantilla dispoñible» para o encontro.

O adestrador incidiu na necesidade de manter a identidade e a mentalidade competitiva en todo momento, recalcando que o equipo debería «estar xogando sempre ao mesmo nivel, independentemente do marcador». Así mesmo, fixo autocrítica sobre os aspectos a pulir, sinalando a urxencia de reducir as perdas de balón e de xestionar mellor o uso das faltas: «Estamos concedendo demasiados tiros libres e, nese sentido, temos que mellorar».

Respecto ao Unicaja, Casimiro advertiu de que é un rival «en pleno crecemento e cunha moi boa dinámica gañadora», tanto na ACB como en Europa. Ante este reto, o técnico puxo en valor o esforzo do seu persoal e confiou no factor cancha, destacando que «hai unha enerxía que xera o noso público que é moi boa para xogar con ela a favor».

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información