O club chegou a un acordo para que tome as rendas do banco celeste
O Río Breogán e o adestrador Luis Casimiro Palomo Cárdenas (Villamayor de Calatrava, Ciudad Real, 21/06/1960) chegaron a un acordo para que o técnico dirixa ao equipo lucense.
Luis Casimiro é un dos adestradores con máis experiencia en Liga Endesa, dirixindo nada menos que 757 partidos na máxima categoría do baloncesto español (3º na clasificación histórica).
Formado no CB Puertollano, na tempada 1992-93 tivo a súa primeira experiencia no CB Breogán como axudante de Ricardo Hevia. Foi adestrador dun amplo número de equipos e no seu brillante palmarés figura un título de liga ACB na tempada 1997/98 co TDK Manresa, ou unha Supercopa Endesa dirixindo á Gran Canaria na tempada 2016/17.
Luis Casimiro incorporarase de inmediato ao Río Breogán. Está previsto que dirixa o seu primeiro adestramento este mesmo xoves, tralo que será presentado en rolda de prensa, e poderá dirixir o seu primeiro encontro como adestrado do equipo celeste no seu desprazamento a Gran Canaria.
Benvido!