Chega ao Breo un interior de gran talento para achegar puntos, rebote e defensa
O Leite Río Breogán chegou a un acordo para a incorporación do “ala-pívot” norteamericano de 2,01 e 29 anos Marshall Powell.
Powell é un xogador formado na Universidade de Arkansas ( NCAA) e con experiencia no baloncesto europeo tras o seu paso por Ucraína, Lituania, Italia e Alemaña.
Xogador completo: intenso e con potencia para o rebote nas dúas canastras. Versátil en ataque, pode anotar de cara e de costas ao aro, e bo defensor.
O novo xogador do Breogán posúe tamén un bo tiro de longa distancia polo que está capacitado para abrir o campo. É as súas tempadas máis recentes promedió 17,4 puntos e 7,5 rebotes na 2017/2018 co Montegranaro Basket italiano e 15,8 puntos e 6,1 rebotes na Pallacanestro Udine na campaña 2018/2019 con porcentaxes que superan o 40% en tiros de 3 puntos. A tempada actual iniciouna nas filas do Hamburg Towers da primeira liga alemá ( BBL) onde asinou 9,1 puntos e 3,1 rebotes.
O club traballa para que o xogador únase á disciplina celeste canto antes.