
Os profesionais do clínica Marzo Saúde son parte do equipo, un apoio moi importante para os fisioterapeutas e preparador físico do Cafés Candelas Breogán

Desde hai varias tempadas, o Clínica Marzo Saúde é unha peza máis do equipo lucense. Trátase dunha empresa punteira no seu sector que conta con fisioterapeutas, podólogos, enfermeiros e preparadores físicos, e que aposta por estar á última en tecnoloxía do sector e en constante evolución para aplicar aos seus pacientes as técnicas máis avanzadas.

Marzo Saúde é unha das primeiras clínicas en España que conta con ecografía e técnicas invasivas.

Os profesionais de Marzo Saúde levan anos traballando diariamente con deportistas de elite en aspectos como a biomecánica e recuperación de problemas físicos.

Nas súas instalacións, Marzo Saúde imparte cursos para profesionais (fisioterapeutas, INEF, terapeutas ocupacionais, etc.) sobre técnicas avanzadas como «punción seca» (24 edicións realizadas), electrólise, neuromodulación, pilates aplicado á fisioterapia, etc.

Desde fai xa catro tempadas, son unha peza de apoio importante para o Cafés Candeas Breogán e convertéronse nunha axuda moi importante no día a día para todo o equipo: desde os fisios e o preparador físico, con quen traballa en constante coordinación, como para os propios xogadores que depositan con total confianza unha parte importante da súa recuperación nos profesionais de Marzo Saúde, e non só pola súa profesionalidade, senón tamén polo trato humano, polo que son parte do equipo.

Nunha tempada complicada con numerosas lesións como a actual, os fisios do Breo Juan Guitierrez e Pablo Duarte, e o preparador físico Jaime Capellá, teñen un apoio importante en Marzo Saúde. Son moitas as horas nas que os profesionais do club e da clinica dedican para recuperar a xogadores. Un traballo que está moitas vencea á sombra pero é vital para o equipo.
Marzo Saúde ten a súa clínica a uns minutos de Lugo, en Castroverde. Para coñecer máis sobre Marzo Saúde podes visitar a súa web oficial en www.safmarzo.com e www.marzosaude.gal.
