Máximus defende o seu título de mellor mascota na Copa de Badalona

Compartir con

Máximus defende o seu título de mellor mascota na Copa de Badalona

A mascota do Río Breogán bailará no Olimpic e buscará o apoio dos afeccionados en redes sociais

Tras superar as eliminatorias previas do Baile de Mascotas proposto por Liga Endesa nas que Máximus venceu a Granki (Gran Canaria) e Armi (Bilbao Basket), o león celeste plantouse na final onde se enfrontará Lynk, a mascota de Casademont Zaragoza.

Máximus e Lynk bailarán durante un descanso dun dos partidos de cuartos de final de Copa do Rey do venres e desde ese momento activarase unha votación popular en Twitter e Historias de Instagram das contas oficiais de ACB.COM que durará 24 horas. A suma dos votos de ambas as redes sociais dará o nome do campión que sairá de novo a pista durante un partido do sábado para recoller o galardón de Campión de Baile de Mascotas.

Máximus, como é habitual, contará o seu periplo por Badalona nos seus perfís de redes sociais en Twitter, Instagram e Facebook onde pedirá o apoio da afección.

Será unha final dura ante o mesmo adversario da final da pasada tempada celebrada na Copa do rei de Granada.

Sorte!

Máximus defende o seu título de mellor mascota na Copa de Badalona

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información