Máximus e o Río Breogán, co reto solidario "24 horas pola autismo" en Lugo

Compartir con

O atleta Óscar Domínguez converteuse no gran protagonista da fin de semana en Lugo ao completar o desafío solidario de correr durante 24 horas consecutivas pola Muralla romana. Baixo o lema “24 horas polo autismo”, o deportista sumou un total de 58 voltas ao monumento co obxectivo de dar visibilidade a este trastorno e recadar fondos para as asociacións Raiolas Lugo e Capaces Lugo, unha iniciativa que logrou o apoio e a sensibilidade de numerosos veciños.

O Río Breogán non quixo faltar a esta importante cita solidaria, e a nosa mascota Máximus estivo presente para animar con enerxía ao corredor e a todos os participantes do reto. Esta colaboración do club vai en consonancia co acordo de patrocinio coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo, co fin de apoiar e dar visibilidade ás causas de interese social da provincia.

Os fondos recadados axudarán a impulsar a autonomía das persoas con autismo. No caso de Capaces Lugo, o diñeiro destinarase a un proxecto de vivenda independente, mentres que Raiolas Lugo reforzará os seus programas de emprego con apoio para favorecer a inclusión laboral do colectivo.

Desde o Río Breogán felicitamos a Óscar Domínguez polo seu gran logro e agradecemos o traballo diario de Raiolas e Capaces.

Máximus e o Río Breogán, co reto solidario "24 horas pola autismo" en Lugo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información