Máximus e o Río Breogán corren por unha boa causa en Lugo

Compartir con

O Río Breogán volveu demostrar o seu lado máis solidario participando na V Carreira e Andaina "Camiñando polo Dano Cerebral". O evento, celebrado en pleno corazón de Lugo, serviu para conmemorar o 20º aniversario da asociación Dano Cerebral Lugo e recadar fondos para apoiar aos afectados e ás súas familias.

Unha das estrelas da xornada foi, sen dúbida, Máximus. A mascota celeste non quixo perderse esta cita tan especial e envorcouse por completo cos asistentes, deixando claro que o Breo sempre está cando as boas causas o necesitan. A mascota celeste demostrou o seu gran compromiso coa cantera solidaria ao estar a pé de pista acompañando e cargando de enerxía aos máis pequenos durante as súas probas. Ademais, puxo o broche de ouro no fin de festa sobre o podio, onde no faltou na entrega de premios para compartir risas, fotos e felicitar de primeira man a todos os participantes.

Con esta actividade, que contou co respaldo da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello, o club reafirma o seu compromiso coas causas sociais da nosa provincia. Desde aquí queremos dar os parabéns á organización por estes 20 anos de traballo incansable e as grazas a toda la marea solidaria que se sumou a camiñar por unha boa causa. 

Máximus e o Río Breogán corren por unha boa causa en Lugo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información