Máximus non faltou á súa cita co «Bocata Solidario» de Fundación SED

Compartir con

A mascota do Río Breogán participou nunha nova edición da xornada solidaria “O Bocata Solidario”, celebrada no Colexio Maristas A Inmaculada de Lugo. Este evento anual reúne a alumnado, profesorado e familias nunha xornada de convivencia que combina deporte e solidariedade, co obxectivo de recadar fondos para a Fundación SED, organización vinculada ao labor educativo e social dos Maristas.

Durante a xornada desenvolvéronse diversas actividades, entre elas a tradicional venda de bocadillos solidarios, torneos deportivos de fútbol, baloncesto, tenis de mesa, xadrez e balón prisioneiro, ademais dunha tenda solidaria e distintos postos con traballos e manualidades elaborados polo propio alumnado.

Máximus foi un dos grandes protagonistas do día ao compartir momentos cos máis pequenos, pousar para fotografías e animar os participantes nunha cita marcada polo compañeirismo, a diversión e o compromiso social.

Desde o Club Baloncesto Breogán agradecemos ao Colexio Maristas A Inmaculada a súa invitación para formar parte dunha iniciativa que fomenta valores tan importantes como a solidariedade, a convivencia e o traballo en favor de quen máis o precisa. Esta actividade enmárcase no acordo de patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, mediante o cal o Breogán colabora e dá visibilidade a actividades de interese social.

Máximus non faltou á súa cita co «Bocata Solidario» de Fundación SED
Máximus non faltou á súa cita co «Bocata Solidario» de Fundación SED

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información