McLemore recolleu o recoñecemento de mans do delegado de Hijos de Rivera en Lugo, Pedro Gay. Un trofeo no que os seareiros votan en redes sociais polo xogador máis destacado de cada mes.
Mclemore atendeu aos medios e agradeceu o recoñecemento e destacou a súa conexión coa afección desde o primeiro día en Lugo. Tamén valorou o traballo que o equipo está a face, día a día, para lograr sumar vitorias necesarias na segunda parte do campionato.

