O xogador serbio Mihajlo Andrić (Kragujevac, 4 de xaneiro do 1994, 202 cm) reforza a dinámica do Río Breogán. A última etapa profesional de Andrić chegou da man do Movistar Estudiantes, a pasada tempada en Primera FEB.
Andrić deu os seus primeiros pasos a nivel profesional no Partizan serbio, onde competiría nas ligas serbia e adriática durante seis tempadas. No ano 2018 asinou polo BC Gottingen da primeira división alemá, e tras dous cursos daría o salto a Grecia para xogar no Kolossos H Hotels. Andric comezaría a tempada 21-22 no Ayfon turco, pouco antes de regresar á liga grega da man do Promitheas Patras, que sería o seu último club antes de chegar a España.
Co Morabanc Andorra conseguiu o ascenso á Liga Endesa na tempada 22-23 promediando 10.9 puntos cun 45.3% de porcentaxe en triplas, e alí debutaría tamén na primeira categoría nacional. O pasado curso militou nas filas do Movistar Estudantes, onde disputou a Final Four de Primera FEB polo ascenso.
Andric foi internacional en categorías inferiores ca selección serbia, ca que xogou un europeo sub-18, un mundial sub-19 e dous europeos sub-20.
Trátase dun ala-pivote móbil que destaca polo seu lanzamento exterior. Ademáis, conta con experiencia no baloncesto español, onde leva competindo tres tempadas seguidas.