Falta moi pouco para unha data moi especial! Representantes do Río Breogán visitaron o emisario dos Magos de Oriente na praza Maior de Lugo, acompañados pola alcaldesa ara Méndez e o concelleiro de deportes Mauricio Repetto.
Alí estiveron o adestrador Veljko Mrsic, e os xogadores Lukovic, Momirov e Arteaga, e o director xeral Tito Díaz. Tampouco quixo faltar a mascota Máximus que está a participar de xeito moi activo en tódalas propostas de Nadal en Lugo.