A marca xaponesa será unha tempada máis o partner de mobilidade celeste grazas ao acordo do club con Fergil Auto, concesionario oficial da marca en Lugo e pertencente ao Grupo Ditram
O acordo de patrocinio do Grupo Ditram co Río Breogán constitúe unha sólida alianza desde hai máis dunha década. Os xogadores, técnicos e a dirección xeral e deportiva contarán cun Nissan Qashqai de última xeración con tecnoloxía híbrida Nissan para a súa mobilidade durante a tempada 2026/2027 na Liga Endesa. O xerente do Grupo Ditram, Rubén Gil, o xefe de vendas, Miguel Álvarez,e os responsables do concesionario Nissan Fergil Auto efectuaron a entrega das primeiras unidades coa presenza do director xeral do club, Salva Arco, e o director deportivo, Tito Díaz.
Os xogadores que chegan para iniciar a pretempada xa contan á súa chegada cos seus vehículos para estrear, debidamente rotulados coa imaxe de Nissan Fergil Auto e o CB Breogán. Desde o club agradecemos o compromiso de Nissan e Grupo Ditram, que seguen sendo unha parte fundamental do equipo para competir ao máximo nivel.