Nuria Varela-Portas e Carmen Lence, á fronte da Fundación e do C. B. Breogán

Compartir con

As dúas empresarias reafirman o seu compromiso co proxecto deportivo e social celeste. Nuria Varela-Portas asumiu o cargo de presidenta do Padroado da Fundación Breogán, posto no que substitúe a Narciso Fernández, que continúa formando parte do propio padroado. Deste xeito, cúmprese o relevo previsto nos estatutos, nos que se establece o carácter rotatorio da presidencia.

Pola súa banda, á fronte do Consello de Administración da SAD continúa Carmen Lence, reelixida na recente xunta de accionistas. Trátase de dúas mulleres líderes nos seus respectivos sectores empresariais e cunha profunda vinculación co Breogán.

Cómpre lembrar que a fundación do club, nos anos 60, foi en gran medida grazas á iniciativa dos irmáns Varela-Portas, un deles pai de Nuria, hoxe CEO de Pazo de Vilane, marca que tamén forma parte das Empresas Que Fan Equipo e patrocina ao Breogán. Así mesmo, o pai de Carmen, Jesús Lence, foi presidente do club a comezos deste século, e a súa marca, Río, está estreitamente vencellada ao celeste, sendo un dos patrocinadores máis lonxevos do baloncesto nacional.

O Breogán segue a medrar con raíces firmes na terra galega e cunha clara ilusión de futuro. Club, Fundación e tamén a iniciativa Academy, liderada polo capitán Érik Quintela, son as tres patas nas que se apoia un proxecto que se identifica con Lugo e Galicia dun xeito inseparable. Na base de todo, unha afección incansable que empurra en cada partido e un tecido empresarial que cre en proxectos con alma e propósito.

Nuria Varela-Portas e Carmen Lence, á fronte da Fundación e do C. B. Breogán
O Padroado da Fundación Breogán está formado por Salva Arco, Luis Abel (director), Carmen Lence, Narciso Fernández, Nuria Varela Portas, Julio González e Alfonso Orol
O Padroado da Fundación Breogán está formado por Salva Arco, Luis Abel (director), Carmen Lence, Narciso Fernández, Nuria Varela Portas, Julio González e Alfonso Orol

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información