O adestrador galego Óscar Lata incorpórase ao corpo técnico do Cafés Candelas Breogán
O experimentado técnico herculino será segundo adestrador de Lezkano
Oscar Lata Alonso (A Coruña 1974) será o novo axundante do Cafés Candelas Breogán.
Lata conta cunha recoñecida traxectoria que o levou, entre outros postos, a ser axudante do adestrador Sito Alonso en equipos de primeira liña europea como Baskonia ou máis recentemete o FC Barcelona.
Anteriormente, Lata traballou tamén no Bilbao Básket en Liga Endesa.
Ata a súa chegada á máxima categoría, Óscar Lata desenvolveu a súa traxectoria como técnico en categorías profesionais e de formación en clubes de recoñecido prestixio como o Joventut de Badalona.
TRAXECTORIA:
- 92-93 Categorías inferiores do club deportivo Estación de A Coruña.
- 93-94 Segunda feminina, Calasancias.
- 94-95 Segundo adestrador de Carballo.
- 95-96 Senior provincial Club Deportivo Estación.
- 96-97 e 97-98 Baloncesto en cadeira de rodas, Nos Culleredo
- CB Monzón (EBA, vinculado ao Lleida Basquetbol) con Sito Alonso catro tempadas
- Tres tempadas primeiro adestrador do Xiria Carballo debutando en nacional e ascenso a EBA.
- Tempada 07-08 , Ávila (LEB Bronce)
- 08-09 México Correcaminos-Ciudad Victoria
- 09-10, 10-11 Joventut Badalona Categorías inferiores
- 11-12, Primeiro adestrador Santo Domingo Betanzos
- 12-2013 Director de canteira Basket Coruña.
- 2014-15. Dominion Bilbao Basket. Liga Endesa e Copa del Rey. Adestrador axudante de Sito Alonso
-2015-16. Dominion Bilbao Basket. Liga Endesa, Copa del Rey e Eurocup. Adestrador axudante de Sito Alonso
-2016-17. Baskonia. Liga Endesa, Supercopa Endesa, Copa del Rey e Euroliga. Adestrador axudante de Sito Alonso
-2017-18. FC Barcelona Lassa. Liga Endesa e Euroliga. Adestrador axudante de Sito Alonso.

