O base Dae Dae Grant, novo xogador do Río Breogán

Compartir con

O norteamericano de 1,88 m. e 23 anos procede da liga serbia

Devone Dae Grant (Lorain, Ohio -USA-, 30 de marzo de 2001), é un base formado nas universidades de Miami (de 2019 a 2022) e Duquesne (2022 a 2024), onde destacou polos seus números en NCAA, promediando 14,6 puntos, 3,8 rebotes, 2,7 asistencias nos seus cinco anos universitarios.

A súa primeira experiencia profesional foi en Macedonia do Norte, onde xogou tres encontros co Feniks 2010, aportando 28,3 puntos, 6,3 rebotes e 5 asistencias, antes de fichar no equipo serbio Radnicki KG co que asinou unhas medias de 22,9 puntos (cun 52,2% en tiros de 3), 5,4 rebotes e 5,2 asistencias en 9 encontros, o último disputado o pasado 14 de decembro no que achegou 30 puntos, 4 rebotes e 6 asistencias.

Dae Dae Grant é un base anotador, atlético con bo manexo de balón e con capacidade, tamén, para asistir aos seus compañeiros e axudar no rebote.

O base Dae Dae Grant, novo xogador do Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información