Aproveitaron a concetración en Viveiro e Cervo para compartir tempo cos máis novos
Non todo foi adestramento na concetación que o Cafés Candelas disfruta na Mariña Lucense. Como parte da filosofía do club e sempre co respaldo da Deputación de Lugo, o equipo pasou tempo cos novos valores animando a todos a practicar deporte. O baloncesto conta cunha ampla tradición na Mariña con clubes como Ribadeo, Viveiro, Foz ou San Cibrao que realizan un traballo exemplar cos maís novos.
Tras tempo para charlar, fotos e autógrafos, todos quedaron convidados a cudir a un partido ao pazo para gozar co novo Breogán en ACB.




