O Breo visitou XuvenLugo no día dedicado á iniciativa Xuntos pola Inclusión
Co impulso do patrocinador Cafés Candelas e con motivo da recente celebración do Día da Discapacidade, o espazo XuvenLugo acolleu unha xornada con acceso libre para usuarios de diversas asociacións de persoas con discapacidade, que puideron gozar durante unhas horas de diferentes atraccións e xogos adaptados.
Ata alí achegáronse Máximus e persoal do CB Breogán, apoiando unha iniciativa de alto valor social que contou co compromiso de Cafés Candelas, unha empresa que leva moitos anos apoiando o deporte e a inclusión. Parabéns pola iniciativa.