O club celeste reforza a súa estrutura e amplía a parcela de saúde
O CB Breogán conta xa con expertos en psicoloxía do deporte traballando xunto ao equipo.
A Luís Abel Taboada, que dirixe a Fundación Breogán e é psicólogo experto en coaching deportivo, únese o especialista Joaquín Dosil -que será o coordinador-, profesor da Universidade de Vigo, e cunha ampla experiencia traballando con deportista de elite en diversas disciplinas. Os dous traballan xa da man do resto do equipo médico e técnico para coidar dunha parcela clave para o benestar, motivación e acadar o rendemento óptimo dun equipo profesional coa máxima esixencia.
Benvidos!