Grupo Ditram reforza a súa alianza co club lucense e equipa a xogadores e corpo técnico co novo Nissan Qashqai
Grupo Ditram, o grupo de concesionarios que historicamente fixo equipo co Breogán, amplía o seu patrocinio ao club a través de Nissan Fergil Auto.
Durante a tempada 2025/2026, na Liga Endesa, os xogadores e o corpo técnico do Río Breogán disporán de vehículos Nissan, concretamente do modelo Qashqai de última xeración, equipado coa máis avanzada tecnoloxía en eficiencia, confort e seguridade.
O xerente de Grupo Ditram, Rubén Gil, xunto con responsables do concesionario Nissan Fergil Auto, presentou as primeiras unidades rotuladas coa imaxe da marca e do CB Breogán, e fixo entrega da primeira ao director xeral do club, Salva Arco. Este agradeceu o compromiso de Grupo Ditram, que leva máis dunha década como patrocinador de primeiro nivel e socio de mobilidade do equipo celeste, facilitando cada tempada o día a día de xogadores e técnicos.
Nissan é unha marca punteira que ofrece todas as vantaxes da tecnoloxía xaponesa e, ademais, brinda nada menos que 10 anos de garantía nos seus modelos.
Coñece Nissan Fergil Auto na estrada da Coruña, 143
27003, Lugo