O Delegado territorial felicitou ao equipo pola consecución da Copa Princesa
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, acompañado do xefe do servizo provincial de Deportes, Manolo Otero, recibiron este serán o equipo Club Baloncesto Breogán, campión da Copa Princesa.
Balseiro, felicitoulles por este logro e polos outros moitos que están acadando nesta tempada onde as súas vitorias contribúen a incrementar a autoestima dos lucenses.
Balseiro desexou os maiores éxitos no futuro do equipo.
O Presidente Jesús Lázare agradeceu o recibimento e comprometeuse a seguir traballando para acadar os obxectivos que mais satisfagan aos lucenses e os galegos afeccionados ao deporte.