O Cafés Candelas agasalla á «Marea Celeste» cunha remontada espectacular en Riazor
Os celestes chegaron a ir 17 puntos por debaixo e remataron celebrando a vitoria (86-93)
Chegaba o Cafés Candelas a Riazor coas baixas de Rubio, Sulejmanovic e Christian Díaz, pero o Palacio dos Deportes da cidade herculina contaba coa Marea Celeste na grada, o que axudou a que os de Lezkano asinaran unha das vitorias máis bonitas da tempada con remontada espectacular, superación das dificultades (lesión incluída de Kabasele antes do descanso) e actuación estelar do lucense Sergi Quintela (33 de valoración).
A raza e carácter amosado polo equipo foi premiado pola sincera ovación da grada.
Nos prolegómenos do partido o Leyma Coruña recibiu ao Cafés Candelas cun “pasillo” aos campións, un detalle de club grande por parte dos laranxas, e toda unha homenaxe ao baloncesto galego.
O recoñecemento aos campións por parte do rival e da grada por parte das dúas afeccións, o partidazo visto na pista, o esforzo dos celestes por remontar e vencer a pesares de non xogarse nada, o ambientazo na grada a pesares do día a hora e a coincidencia co fútbol, foi unha auténtica homenaxe ao deporte galego e a o baloncesto.
O noso agradecemento ao Leyma Coruña e os mellores desexos no reto do play off.