O equipo celeste pasou tres días nun entorno propicio para o taballo e a recuperación
Excelente acollida do Cafés Candelas na Mariña. O equipo aloxouse en Viveiro e adestrou entre este concello e o de Cervo - San Ciprián. Tanto as instalación deportivas como o entorno natural, as praias e as instalación hostaleiras cubriron con creces as necesidades do equipo que aproveitou a concentración para seguir avanzando na preparación na pista, física e tamén no aspecto colectivo coa primeira convivencia dos membros do novo plantel.
Na estancia, ademais de adestramentos en pista, houbo tempo para a recepción no Concello de Vivieiro, para compartir uns momentos cos rapaces e rapazas da canteira mariñá, e para atreverse con actividades como o paddle surf e outras modalidades nas espectaculares praias da Mariña.
Dende o CB Breogán queremos agradecer a tódalas persoas, institucións e empresas que fixeron posible estes tres días nun entorno incomparable da Provincia de Lugo. O equipo repetirá seguro!
Tempo para novas experiencias na Mariña Lucense. O @Cafescandelas Breogán atreveuse co paddle surf! #fagamosequipo pic.twitter.com/udYVAjnngw
— Breogán (@CBBreogan) September 2, 2018