O C.B. Breogán presenta a Breogán Academy coa misión de reforzar o baloncesto de formación na provincia de Lugo

Compartir con

O C.B. Breogán presenta a Breogán Academy coa misión de reforzar o baloncesto de formación na provincia de Lugo

O Club Baloncesto Breogán presentou a Breogán Academy, un proxecto gratuíto e único na provincia de Lugo, que promove a formación deportiva e persoal de xogadores nas categorías infantil, cadete e júnior, así como o acompañamento a familias, técnicos e clubs.

A iniciativa inclúe o seguimento individualizado do talento, clínics trimestrais, formación en liña e presencial, asesoramento académico e unha vertente solidaria a través da Breogán Social Academy. O programa culminará co Breogán Academy Day, un evento lúdico no Pazo dos Deportes coa participación do primeiro equipo.

Na presentación oficial participaron Salva Arco, director xeral do C.B. Breogán; Erik Quintela, director técnico da Breogán Academy; Luis Abel Taboada, responsable da área de psicoloxía; Tito Díaz, director deportivo; e Daniel Illán, director técnico do Comité Galego de Árbitros.

A Breogán Academy conta co apoio da Federación Galega de Baloncesto, da Escola Galega de Adestradores e de numerosos clubs da provincia que xa se sumaron ao proxecto.

OPCIÓN DE COLABORACIÓN CO PROXECTO BREO ACADEMY PARA ABONADOS DO RÍO BREOGÁN

De forma voluntaria, o abonado poderá marcar unha casilla durante a compra do abono para colaborar co Proxecto BreoAcademy, unha iniciativa do Club que impulsa o deporte base na provincia e fortalece os vínculos entre clubs, escolas e mozos deportistas desde idades temperás.

Esta opción implica un pago adicional de 25 euros para sufragar parte dos custos de promoción e visibilidade do proxecto. A cambio, o Club entregará ao abonado unha camiseta oficial conmemorativa do proxecto (“CB Breogán Academy”), que se entenderá adquirida como contraprestación principal segundo o artigo 60 do Real Decreto Lexislativo 1/2007, de Defensa dos Consumidores e Usuarios.

A camiseta entregarase nos formatos e prazos indicados na web do Club ou mediante notificación.

Esta achega non é unha doazón, senón unha compravenda accesoria vinculada a unha iniciativa institucional do Club, sen implicacións fiscais distintas ao prezo da prenda.

O abonado poderá desistir da compra da camiseta sen xustificación nun prazo de 14 días naturais desde a recepción, devolvendo a camiseta en perfecto estado, sen uso e no seu embalaxe orixinal, asumindo os custos directos da devolución.

No caso de desistimento válido, o Club reembolsará o importe en 14 días desde a recepción da devolución.

Máis información en: https://tienda.breogan.es/condiciones-compra/

Este importe engadirase ao custo total do abono, aparecendo desglosado no ticket de compra, entendéndose como dúas adquisicións diferentes con dereitos e obrigas específicas.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información