O CB Breogán reafirma o seu compromiso co uso responsable das redes sociais e os valores do baloncesto

Compartir con

O CB Breogán reafirma o seu compromiso co uso responsable das redes sociais e os valores do baloncesto

As redes sociais convertéronse nunha ferramenta imprescindible no noso día a día. Teñen un enorme poder informativo, permiten conectar de xeito directo coa afección e son un altofalante privilexiado para espallar a paixón pola Liga Endesa e polo noso club.

Consciente da repercusión que teñen entre os máis novos, o Río Breogán quere facer un chamamento sobre a importancia de facer un uso prudente, respectuoso e consciente destas plataformas digital.

O baloncesto é moito máis que un deporte de competición; é unha escola de vida fundamentada en valores clave como o traballo en equipo, a empatía, a colaboración e o respecto ao rival e aos árbitros. Do mesmo xeito que estes principios se aplican dentro da pista en cada partido no Pazo, deben trasládarse ao ámbito dixital para construír un espazo libre de contidos tóxicos ou conductas destrutivas.

Como parte desta iniciativa de concienciación, os xogadores do primeiro equipo suman as súas voces á campaña cun breve vídeo no que comparten como xestionan as súas perfís dixitais no seu día a día.

VÍDEOS

VÍDEO ÉRIK QUINTELA:

Erik Quintela uso responsable redes sociais.mp4

VÍDEO FRANCIS ALONSO:

Francis Alonso uso responsable redes sociais.mp4

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información