O CB Breogán SAD celebrou a súa Xunta Xeral con pleno respaldo do accionariado

Compartir con

O Club Baloncesto Breogán SAD celebrou o pasado 9 de decembro de 2025 a súa Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas, un encontro marcado pola aprobación, por unanimidade, das contas anuais correspondentes ao exercicio 2024/2025, así como pola confirmación dun superávit de 431.361,50 €, mostra dunha xestión económica responsable e equilibrada.

Durante a sesión, os accionistas tamén aprobaron, igualmente por unanimidade, o orzamento para a tempada 2025/2026, fixado en 4,5 millóns de euros. Con iso, o club consolida a súa aposta pola estabilidade financeira, a sustentabilidade do proxecto e o impulso competitivo da entidade de cara ao vindeiro curso.

Os responsables do consello de administración agradeceron o labor do asesor Julio Díaz, quen foi unha peza clave na viabilidade económica do club nos últimos anos. O seu traballo na elaboración dun plan seguido ao milímetro resultou imprescindible para encamiñar e consolidar o bo estado económico da entidade.

A Xunta Xeral ratificou ademais a renovación de todos os membros do consello de administración, acordo que tamén foi adoptado por unanimidade. Como novidade, incorporouse ao órgano directivo D. José Manuel Rozas Bello, que se suma ao consello para reforzar a estrutura institucional do CB Breogán SAD.

Con estes acordos, o club continúa avanzando nun proxecto baseado na responsabilidade económica, na ambición de consolidación deportiva e nunha gobernanza sólida e cohesionada.

 

O CB Breogán SAD celebrou a súa Xunta Xeral con pleno respaldo do accionariado

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información