O Club de Empresas do CB Breogán celebrou o Nadal cunha actividade moi especial

Compartir con

O Club de Empresas do CB Breogán celebrou o Nadal cunha actividade diferente e chea de simbolismo. Representantes das empresas que forman parte do Club vestíronse de curto para participar nunha xornada na que se reviveu o ambiente do Pazo nun día de partido.

Non faltaron a presentación inicial, o quecemento dirixido polo preparador físico do club, José Durán, nin a música habitual dos encontros. Máximus, a Bazoka Candelas e unha serie de probas fixeron as delicias das persoas participantes. Entre elas, unha edición especial do xogo Encesta con Breo, o Xogo de ABANCA, un concurso de triples, series de tiro coa máquina de lanzamento do equipo e outras actividades, todo coa presenza de xogadores do primeiro equipo.

Na pista estiveron Bakary Dibba, Jordan Sakho, Francis Alonso, Russell e Erik Quintela, ademais da oportunidade de ver de novo vestido de curto a Salva Arco, que participou nalgunhas das probas demostrando que aínda conserva o seu tiro.

Tras os xogos, as persoas participantes reuníronse para brindar con Estrella Galicia e conversar mentres degustaban uns petiscos, entre os que destacou o xamón de Torre de Núñez, cortado por un profesional.

Unha fermosa maneira de celebrar estas datas e de pensar en todo o que está por vir. Bo Nadal e feliz 2026 para todas e todos

O Club de Empresas do CB Breogán celebrou o Nadal cunha actividade moi especial
O Club de Empresas do CB Breogán celebrou o Nadal cunha actividade moi especial
O Club de Empresas do CB Breogán celebrou o Nadal cunha actividade moi especial
O Club de Empresas do CB Breogán celebrou o Nadal cunha actividade moi especial
O Club de Empresas do CB Breogán celebrou o Nadal cunha actividade moi especial
O Club de Empresas do CB Breogán celebrou o Nadal cunha actividade moi especial

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información